cURL Error: 0 Formación – Rexenerando

Formación

A factoría

A Factoría é un dos nomes cos que se coñecen popularmente os estaleiros en Ferrol, corazón do espírito colectivo, rebelde e obreiro da comarca. A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop, con apoio puntual dun iu online-klausur spicken cando é preciso. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.

Curso Básico de Facilicitación de Grupos

120h de formación, en xuño de 2025 en Santiago de Compostela

IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)

Dirixido a todas aquelas persoas vinculadas co ámbito da educación, o acompañamento a equipos e organizacións, a mediación, o emprendemento social, a dinamización sociocomunitario, a animación sociocultural, activismos, etc., interesadas en promover cambios positivos e satisfactorios nos seus grupos ou comunidades, cun enfoque participativo e innovador e que potencie a diversidade. 


O dossier


Seminario Resolución de conflitos

15h de formación, entre o 26 e o 28 de abril de 2024, no Centro de Emprendemento “A Estación” de Vedra.

E se os conflitos fosen unha oportunidade de transformación? Módulo formativo de facilitación de grupos no que achegarnos ao conflito, adquirindo ferramentas para intervir a nivel individual, relacional e grupal. Unha ocasión para aprendermos a relacionarnos co conflito con menos incomodidade, valorando o potencial creativo destes procesos para as organizacións e equipos. 

Formaciones pasadas

Ei ti, sé ti!
1 ao 3 de febreiro, 2019
195€

Espazo vivencial no que afondar na identidade persoal, acilitado por Anna Pujol e César Fernández.

O obxectivo é ampliar a consciencia e claridade sobre cales son elementos mais significativos que conforman, de maneira xenuína, a nosa identidade, iso que nos fai ser nós mesmas e que nos permite sentirnos máis libres e aportar máis valor ás nosas vidas e ao mundo.

Destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, calquera persoa interesada na transformación social.

Do conflito ao soño

Curso orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes. O obxectivo é fornecer ferramentas para xestionar os numerosos desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula.

Baseándose no Traballo de Procesos, tanto para facilitar unha caixa de ferramentas prácticas coma un espazo de foro para o intercambio de experiencias con outras profesionais da educación, desenvolveranse aquelas habilidades coas que conta cada persoa para desempeñar o seu traballo dun xeito efectivo e respectuoso consigo mesma e co resto da comunidade educativa.